16 d@s nos@s compiten en Ourense e Riazor o 18, 20 e 21 F


 17 Febreiro, 2023   Atletismo 

16 d@s nos@s compiten en Ourense e Riazor o 18, 20 e 21 F

Mañá sábado 19 de febreiro de 2023, na pista cuberta da Expo Ourense, Diego Grille participará no Campionato Galego Sub20 nas probas dos 400 metros lisos (13:25 hs) e os 200 metros lisos (eliminatoria 17:20 hs, final 19:00 hs). O noso atleta chega a este campionato nun gran momento de forma polo que agarda cando menos mellorar os seus rexistros persoais. Por outra banda os vindeiros 20 e 21 de febreiro no Pazo dos Deportes de Riazor, o Concello de A Coruña conxuntamente cos clubs da cidade, Coruña Comarca, Marineda Atlético, Mochila do Deporte e Riazor Coruña, organizan a xornada de pista cuberta do Circuíto Coruña Corre en Pista 2023. Xornada para a que vimos de convocar a 15 d@s nos@s atletas de Carballo e Oleiros das categorías sub12, 14, 16 e 18, dos cales 11 pertencen a categoría masculina e as 4 restantes a feminina. No apartado de descargas de atletismo desta mesma web podedes consultar a convocatoria onde figuran tamén as probas na que tomarán parte @s nos@s. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.