6 d@s nos@s atletas no top 10 do Campionato Galego de Ruta


 30 Xuño, 2022   Atletismo 

6 d@s nos@s atletas no top 10 do Campionato Galego de Ruta

O pasado sábado día 25 de xuño de 2022 celebrouse na localidade lucense de Lourenzá, o Campionato Xunta de Galicia Absoluto, Máster, Sub23, Sub20 e Sub18 da Milla en Ruta, e tamén o Galego Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10 do Quilómetro en Ruta. No que ao noso concurso respecta compre reseñar o top 10 acadado por 6 d@s nos@s atletas; no quilómetro Anxo Bello foi prata sub16 cun tempo de 2:47, a 4ª praza sub10 era para Sergio Reino con 4:04, a 6ª posición sub12 para Iago Bello con 3:55, a 7ª sub14 para Manuel Reino con 3:32 e a 9ª sub16 para Carla Doldán con 3:43. Mentres que na proba da milla o sub18 José M. Negreira remataba 9º cun tempo de 5:09 a ritmo de 3:12 o mil. Resultados que podedes consultar no apartado de descargas atletismo desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.