A nosa sección de atletismo continúa progresando desde a base


 07 Abril, 2022   Atletismo 

A nosa sección de atletismo continúa progresando desde a base

@s atletas máis nov@s da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros veñen de tomar parte nas dúas primeiras xornadas de atletismo escolar en pista do programa xogade nas que obtiveron moi bos resultados. O pasado 27 de marzo nas pistas de Oleiros, Xiana Faya establecía as mellores marcas de 10 anos do club no lanzamento de pelota e os 60 metros lisos e Iago Bello tamén de 10 anos facía o propio nos 60 e os 1.000 metros lisos Xa na categoría dos 11 anos, Juan Giráldez nos 60 e os 1.000 m.l e Lola Vila nos 500 m.l. e no salto de lonxitude, establecían tamén as mellores marcas do club da súa idade. O día 3 de abril e novamente en Oleiros, Iago Bello establecía o rexistro de 10 anos nos 500 m.l., Lino Souto o dos 1.000 m.l. de 11 anos e Ana Ézara o dos 1.000 m.l. de 12 anos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas escola desta mesma web. Ademáis este sábado día 9 de abril, oito d@s nos@s volverán competir en Elviña na 2ª Xornada do Coruña Corre en Pista.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.