Anxo Bello acadou o bronce nacional sub 18 coa Galega de Cros


 20 Marzo, 2023   Atletismo 

Anxo Bello acadou o bronce nacional sub 18 coa Galega de Cros

Anxo Bello Rodríguez (2007) da AD.Fogar de Carballo e Oleiros, ven de participar coa Federación Galega de Atletismo no Campionato de España de Campo a Través Escolar sub16 e sub18 celebrado onte en Pamplona. Os galegos colgábanse a medalla de bronce por equipos na categoría sub 18 liderados polo lucense Teo de Frutos que acadaba tamén o bronce a título individual e grazas tamén ao o esforzo conxunto do resto do equipo, con Miguel Alvariño rematando na 4ª praza, Asheber Díaz na 11ª, Iker Fernández na 23ª, Pepe Sánchez na 41ª e Anxo Bello na 57ª. Noutra orde de cousas, os mellores resultados d@s nos@s catro representantes na primeira xornada do Atletismo en Pista Xogade celebrada o sábado na Pista de Elviña foron, o 2º posto de Xiana Faya en lanzamento de peso e o 3º de Román Ponte en salto de lonxitude. Ademáis Xiana Faya (60 m.l. e peso, 11 anos), Mateo Añón (lonxitude 10 anos), e Ana Ézara (1.000 m.l. 13 anos) establecían as mellores marcas do club. Resultados que podededes atopar no apartado de descargas ateltismo e escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.