Anxo Bello acode ao Nacional Sub18 de Campo A Través Escolar


 16 Marzo, 2023   Atletismo 

Anxo Bello acode ao Nacional Sub18 de Campo A Través Escolar

Anxo Bello Rodríguez da AD.Fogar de Carballo e Oleiros, ven de ser convocado pola Federación Galega de Atletismo para tomar parte no Campionato de España de Campo a Través Escolar sub16 e sub18 a celebrar o vindeiro domingo día 19 de marzo en Pamplona. Na categoría masculina sub18 ademáis de Anxo Bello o combinado galego estará representado por Teo de Frutos, Asheber Díaz, Miguel Alvariño, Pepe Sánchez del Valle e Iker Fernández, un grupo con moitísimo talento. 
Ademáis de Anxo, catro d@s nos@s atletas máis nov@s tomarán parte este sábado na Pista da Universidade de Elviña, na primeira xornada do Atletismo en Pista Xogade do presente curso escolar 2022 - 2023. Román Ponte da categoría benxamín fará os 50 metros lisos e o concurso de lonxitude, @s alevíns Mateo Añón e Xiana Faya os 60 lisos e lonxitude e os 60 lisos e peso respectivamente e a infantil Ana Ézara os 1.000 metros lisos. Ambas as dúas convocatorias están dispoñibles no apartado de descargas escola e atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.