Bo concurso d@s nos@s atletas nas últimas probas desputadas


 22 Febreiro, 2023   Atletismo 

Bo concurso d@s nos@s atletas nas últimas probas desputadas

@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estiveron á altura d@s mellores nos tres últimos frontes competivos desputados. O pasado sábado Diego Grille acadaba no Campionato Galego Sub20 en pista cuberta celebrado en Ourense, a medalla de bronce na proba dos 400 m.l. cunha mellor marca persoal de 00.52:58, establecendo ademáis o récord absoluto do club nesta distancia. Na proba dos 200 m.l. o noso clasificábase para a final tamén con marca persoal e récord absoluto do club, 00.23:96 cos que remataba na 6ª praza. Onte e máis antonte @s nos@s 15 representantes na proba do Circuito Coruña Corre en Pista celebarada no pazo Minicipal dos Deportes de Riazor acadaron un bo lote de novos rexistros en pista cuberta destacando os postos de podio de Pedro Mesejo, 2º nos 200 m.l. absolutos; Yago Núñez, 2º nos 1.000 m.l. sub10-12 e José M. Negreira, 3º no concurso absoluto de atura. E xa para rematar non queremos esquecer tampouco a 7ª praza da infantil de Irene Santomé e o bronce masculino por equipos dos nosos alevíns, Sergio Reino, Yago Núñez, Iago Bello, Abel Antelo, Mateo Añón e Martín Cid, na Final Provincial de Campo A Través Escolar de Mondego do pasado 11 de febreiro. Os resultados destas tres probas tédelos no apartado de descargas atletismo e descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.