Tesfayé compite esta fin de semana no Galego de Pontevedra


 24 Marzo, 2021   Atletismo 

Tesfayé compite esta fin de semana no Galego de Pontevedra

Tesfayé Chao, atleta sub14 da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomará parte o vindeiro domingo día 28 de marzo de 2021 no Campionato Galego de Medio Fondo e Fondo para as categorías sub10, 12 e 14. O evento celebraráse na pista descuberta do C.G.T.D de Pontevedra onde Tes correrá os 500 metros lisos; proba na que o pasado 27 de febreiro acadaba nesta mesma pista unha mellor marca persoal de 1.25.09. A falta da confirmación oficial o noso representante tomaría o pistoletazo de saída en torno as 12:00 horas. Tesfayé Chao posa xunto co seu adestrador Alejandro López no adestramento desta tarde na Pista do Chorís, lugar no que o Concello de Carballo ten previsto construir un módulo específico para a práctica do atletismo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.