18 d@s n@s triatletas clasificad@s para a Fase Intercomarcal


 02 Decembro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

18 d@s n@s triatletas clasificad@s para a Fase Intercomarcal

O pasado sábado día 30 de novembro de 2019, as Escolas de Base de Tríatlon que a AD.Fogar promove nos Concellos de Carballo e Oleiros en colaboración coa Deputación de A Coruña, desprazábanse ata a localidade de Mondego en Sada; ao primeiro dos clasificatorios de Campo A Través Escolar para a Zona da Coruña. A proba contou coa presenza e participación de 45 d@s nos@s triatletas de base, d@s cales 18 acadaban a súa clasificación directa para a Fase Intercomarcal que se celebrará no Parque dos Menhires de A Coruña o vindeiro 18 de xaneiro de 2020. Os clasificados foron os seguintes: Irene Santomé e David Vázquez como 12º alevíns; o equipo infantil masculio que gañaba a proba con Manuel Souto 4º, Hugo Souto 6º, Anxo Bello 8º, Oscar Alberte 13º, Paulo Rivas 14º e Michel Muñoz 34º; o equipo cadete masculino que tamén gañaba a proba con Rubén Otero 3º, Nicolás Cerqueiro 5º, Sergio Soto 7º, Alejandro Fontán 20º, Diego Campo 25º e Alejandro Navarro 33º e o equipo cadete feminino que era 3º con Elena García 2ª, Sofía Alberte 13ª, Cristina López 14ª e Alejandra Gómez 17ª. No apartado de descargas escola desta mesma web pódense consultar os resultados deste primeiro clasificatorio de Campo A Través Escolar do Programa Xogade.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso