27 dos nosos triatletas acoden ao Dúatlon Escolar de Santiago


 22 Marzo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

27 dos nosos triatletas acoden ao Dúatlon Escolar de Santiago

Mañá á mañán dispútase nos arredores do Estadio Municipal Verónica Boquete en San Lázaro, o XX Dúatlon Escolar Cidade de Santiago; proba clasificatoria para o Campionato Provincial da modalidade que se enmarca dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O evento comenzará coa saída da carreira benxamín masculina as 10:30 horas e estenderase ata a entrega de premios prevista para as 14:00 horas. Pola nosa banda concursaremos cun equipo formado por 27 triatletas das escolas de base que estamos a promover nos Concellos de Carballo e Oleiros, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos que competirán ao longo da mañá nas 6 carreiras da xornada. O regulamento da proba e a nosa inscrición podedes atopalos como documentos adxuntos a esta mesma noticia. Para más información podedesvos dirixir tamén a ligazón: http://fegatri.org/inscricion-xx-duatlon-escolar-de-santiago-23-03-2019/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso