27 dos nosos triatletas acoden ao Tríatlon de Menores de Ferrol


 19 Xullo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

27 dos nosos triatletas acoden ao Tríatlon de Menores de Ferrol

O próximo domingo día 21 de xullo de 2019 a cidade de Ferrol acollerá a 6ª edición do Tríatlon de Menores, proba puntuable para o Circuíto Galego de Categorías de Base e enmarcada dentro do Programa Nacional Tríatlon Divertido. En representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte 27 dos nosos triatletas, dos que 1 é benxamín feminina, outros 10 son alevíns (7 nenos e 3 nenas), 7 pertencen á categoría infantil masculina e 9 á cadete (7 mozos e 2 mozas). A proba que organiza o Club Tríatlon Ferrol e a Fegatri dará comenzo as 10:15 horas coa saída benxamín e rematará sobre as 12:00 horas despois das carreiras do resto das categorías, a alevín, a infantil e a cadete; información que podedes ampliar na ligazón do evento: http://fegatri.org/evento/vi-triatlon-de-menores-de-ferrol-circuito-menores/?instance_id=1475. Ademáis no arquivo adxunto a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa relación de inscritos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso