3 Bronces e un meritorio 4º posto por clubs no Galego de Tríatlon


 16 Xullo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

3 Bronces e un meritorio 4º posto por clubs no Galego de Tríatlon

O pasado sábado día 13 de xullo de 2019 a localidade de Cedeira acollía o Campionato Galego de Tríatlon en Categoría de Menores (benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) que contaba co concurso de 27 triatletas das Escolas de Base que a AD.Fogar promove en Carballo e Oleiros. Na cita autonómica os nosos triatletas facíanse cunha máis que meritoria cuarta praza conxunta por clubs despois de sumar 555 puntos e quedar a tan só 7 do Arcade Inforhouse que foi 3º. Os 3 pódios para os de Carballo e Oleiros eran de cor de bronce, Manuel Souto na categoría alevín e os equipos masculinos alevín (Souto 4º, Candal 9º, Alberte 13º e Rivas 17º) e infantil (Soto 4º, Otero 5º, Fontán 26º e Navarro 31º). Ademais as nosas 8 rapazas sumaban puntos moi valiosos para a clasificación xeral por clubs. Os resultados deste Campionato Galego de Tríatlon en Categorías Menores poden consultarse no apartado de descargas escola desta mesma web ou na ligazón federativa http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/07/TRIESCOLAR-CEDEIRA-2019-REV1-1.pdf

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso