6 dos nosos cadetes acoden ao Nacional de Dúatlon de Avilés


 27 Marzo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

6 dos nosos cadetes acoden ao Nacional de Dúatlon de Avilés

A cidade de Avilés prepárase para acoller os días 30 e 31 de marzo de 2019 as distintas carreiras que compoñen, en todas as súas categorías, o Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo e Substitucións por Equipos deste 2019. E ata terras astures desprazaremos un equipo masculino de 6 deportistas cadetes de segundo ano, A. Prieto, S. Nuñez, L. Lorenzo, A. Elizalde, B. Benavent e P. Tran, que concursarán neste campionato nacional na súa categoría escolar. O sábado pola mañá farano os 6 na modalidade de contrarreloxo por equipos sobre 3,4 quilómetros a pé, 11,2 qm de ciclismo e outros 1,3 qm de carreira a pé. O domingo, tamén en horario matinal e na modalidade de substitucións por equipos, cada un dos rapaces percorrerá 2,2 quilómetros a pé, 6,3 qm de ciclismo e 1,3 qm de carreira a pé distribuidos en dous equipos de 3 duatletas. Toda á información referente a este Nacional de Dúatlon por Equipos podédela atopar na páxina web da Federación Española de Tríatlon a través da seguinte ligazón http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/categoria/competiciones-nacionales/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso