6 dos nosos deportistas acoden ao Nacional de Tríatlon de Águilas


 09 Maio, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

6 dos nosos deportistas acoden ao Nacional de Tríatlon de Águilas

A cidade de Águilas prepárase para acoller os días 11 e 12 de maio de 2019 as distintas carreiras que compoñen, en todas as súas categorías, o Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo e Substitucións por Equipos deste 2019. E ata terras murcianas desprazaremos un equipo masculino de 6 deportistas, os cadetes A. Prieto, D. Sancho, S. Nuñez e A. Elizalde e os infantís, R. Otero e S. Soto, que concursarán neste campionato nacional na súa categoría escolar. O sábado pola mañá farano os 6 na modalidade de contrarreloxo por equipos sobre 300 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2 qm de carreira a pé. O domingo a mediodía e na modalidade de substitucións por equipos, cada un dos rapaces percorrerá 300 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2 qm de carreira a pé, distribuidos en dous equipos de 3 triatletas. Toda á información referente a este Nacional de Tríatlon por Equipos podédela atopar na páxina web da Federación Española de Tríatlon a través da seguinte ligazón http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/categoria/competiciones-nacionales/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso