6 Podios para a Escola de TRI no Provincial de Dúatlon Escolar


 23 Abril, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

6 Podios para a Escola de TRI no Provincial de Dúatlon Escolar

O pasado domingo día 21 de abril de 2019 disputábase en Fene, a Final Provincial de Dúatlon Escolar na que tomabamos parte con 29  duatletas das Escolas de Tríatlon de Base que desde a AD.Fogar estamos a promover en Carballo e Oleiros. E a verdade é que as cousas non podían rodar mellor para os nosos representantes, xa que ademais de facerse cun botín de 6 podios, 11 deles conseguín tamén a súa clasificación directa para a Final Galega de Porto do Son. A primeira alegría da mañá chegaba da man do equipo alevín masculino, que acadaba o bronce Provincial con Hugo Souto 3º (medalla de bronce), Manu Souto 12º e Óscar Alberte 14º. Ao ronsel destes os nosos infantís facíanse tamén co bronce por equipos con Sergio Soto 3º (medalla de bronce), Rubén Otero 5º e Gabriel Nuñez 17º. A nosa participación por equipos pechábaa o cadete masculino como Campión Provincial  con Andrés Prieto 2º (medalla de prata), Álvaro Elizalde 6º, David Sancho 8º e Samuel Nuñez 10º. A mañá deixounos outros bos concursos como o 4º posto do equipo alevín feminino que rozaba o podio con Carla Mourelle 19ª, Carmen Agrelo 21ª e María Puga 23ª ou as 8ª prazas de Paula Vicente na categoría benxamín e Marta González na cadete. Os resultados dos nosos duatletas poden consultarse no apartado de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso