7 Triatletas acoden mañá á Toma de Tempos de Pontevedra


 08 Febreiro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

7 Triatletas acoden mañá á Toma de Tempos de Pontevedra

A Escola de Tríatlon de Base que a AD.Fogar da Xuventude promove en Carballo e Oleiros, acudirá mañá á Toma de Tempos do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva que na súa Fase Territorial disputarase en xornadas de mañá e tarde nas Instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. A expedición do Fogar compóñena nesta ocasión un total de 7 novos triatletas, todos eles da categoría cadete, Marta González e Alba Otero en representación feminina e Álvaro Elizalde, Andrés Prieto, David Sancho, Lucas Lorenzo e Pablo Tran na masculina. Pola mañá disputaranse os controis de natación na piscina sobre as distancias de 100 e 400 metros libres e pola tarde os de carreira en pista sobre os 200 e os 1000 metros lisos. No apartado descargas escola desta mesma web podedes consultar o regulamento deste control de tempos do PNTD 2019 e ademáis como documento adxunto a esta mesma noticia tedes tamén a nosa inscrición. O enlace federativo as listaxes de saídas e a seguinte http://fegatri.org/inscricion-toma-de-tempos-galicia-2019/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso