8 Triatletas do Fogar correrán o Provincial de Cros Escolar na Malata


 31 Xaneiro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

8 Triatletas do Fogar correrán o Provincial de Cros Escolar na Malata

O vindeiro sábado día 2 de febreiro de 2019 disputarase no Circuíto da Malata, en Ferrol, a Final Provincial de Campo A Través Escolar na que tomarán o pistoletazo de saída 8 dos nosos triatletas de base. Catalina García na categoría benxamín, Manuel Souto na infantil e o Equipo Cadete Masculino que conformarán para a ocasión Antón Vázquez, Diego Campo, Gabriel Nuñez, Pedro López, Ramón Sarmiento e Roberto González. Deportistas todos eles das Escolas de Base de Tríatlon que desde a AD.Fogar promovemos nas localidades de Carballo e Oleiros; que lograban a súa clasificación na Fase Intercomarcal celebrada na Coruña a pasada fin de semán. As carreiras das distintas categorías disputaránse desde as 11:00 da mañá coa saída benxamín feminina e ata as 13:00, hora prevista de saída da proba cadete masculina. Podedes consultar a nosa inscrición no docuento adxunto a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso