A escola de TRI acode ao galego de dúatlon con 15 deportistas


 17 Maio, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

A escola de TRI acode ao galego de dúatlon con 15 deportistas

Hoxe 17 de maio, día das Letras Galegas, dispútase na localidade de Porto do Son, a Final Galega de Dúatlon en idade escolar deste 2019. A proba está enmarcada dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e conta coa organización conxunta da Federación Galega de Tríatlon e o Club Astrogal Tri 498. Na mesma tomarán parte 29 equipos da nosa comunidade que mobilizarán a un total de 301 duatletas de base. Nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos, que demostrarán as súas habilidades desde as 10:30 horas e ao longo da mañá, nas 8 carreiras da xornada. En canto á nosa participación cabe mencionar que acudimos con 15 deportistas das Escolas de Tríatlon que desde a AD.Fogar estamos a promover en Carballo e Oleiros, tras acadar a súa clasificación na fase provincial. Destes, 1 pertence á categoría benxamín, 1 á alevín, 2 á infantil e outros 11 á cadete, inscrición que achegamos a esta noticia. Ademais no apartado de descargas escola desta mesma web podedes consultar tamén a normativa desta Final Galega de Dúatlon Escolar a celebrar en Porto do Son.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso