A escola de TRI acode ao provincial de dúatlon con 29 deportistas


 17 Abril, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

A escola de TRI acode ao provincial de dúatlon con 29 deportistas

O vindeiro domingo día 21 de abril de 2019 dispútase na localidade de Fene, a Final Provincial de Dúatlon en idade escolar. A proba está enmarcada dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e conta coa organización conxunta da Federación Galega de Tríatlon e o Club Tríatlon Ferrol. Ata a localidade ferrolá desprazaranse 18 equipos que mobilizarán a un total de 227  duatletas de base. Nen@s de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos, que demostrarán as súas habilidades desde as 10:15 horas e ao longo da mañá nas 6 carreiras da xornada. En canto á nosa participación cabe mencionar que tomaremos parte con 29 deportistas das Escolas de Tríatlon que desde a AD.Fogar estamos a promover en Carballo e Oleiros, tras acadar a súa clasificación na fase previa. Destes, 3 pertencen á categoría benxamín, 9 á alevín, 7 á infantil e outros 10 á cadete, inscrición que achegamos a esta noticia. Ademais no apartado de descargas escola desta mesma web podedes consultar tamén a normativa desta Final Provincial de Dúatlon Escolar a celebrar en Fene.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso