Andrés Prieto, Campión Nacional Escolar de Tríatlon con Galicia


 07 Xullo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Andrés Prieto, Campión Nacional Escolar de Tríatlon con Galicia

Esta fin de semana a localidade madrileña de Tres Cantos acollía o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar por Comunidades Autónomas no que tomaba parte como membro da Selección Galega o noso deportista Andrés Prieto Villar (2003). Onte na proba individual masculina Andrés era 8º cun tempo de 35 minutos e 42 segundos e puntuaba para o combinado autonómico como o terceiro galego en meta; tras Esteban Basanta que remataba 4º en 35 minutos e 28 segundos e Alexandre Álvarez que chegaba 7º en 35 minutos e 40 segundos, postos que lles valerían ademais para ser primeiros por equipos. Pero todo ía decidirse hoxe coa proba de substitucións mixtas nos que a Selección Galega participaba con dous equipos. O Equipo A formárono Elsa Pena, Carla Guisande, Esteban Basanta e Alexandre Álvarez que acababan a proba como 2º da xeral; mentres que Andrés formaba parte do Equipo B xunto a Nerea García, Natalia Castro e Alejandro Rodríguez cos que acadou a 4ª praza. Galicia sumaba así 55 puntos e impoñíase por tan só 1 a Cataluña que ocupaba a segunda praza con 54 puntos. Os resultados deste Nacional de Tríatlon Escoar por Comunidades Autónomas poden consultarse en: http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2019/ e tamén en descargas escola de esta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso