Andrés Prieto gaña o IV Tríatlon Solidario de Negreira


 30 Maio, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Andrés Prieto gaña o IV Tríatlon Solidario de Negreira

O pasado sábado día 25 de maio de 2019, a localidade de Negreira acollía a 4ª edición do seu Tríatlon Solidario, proba popular que contóu na súa modalidade individual e sobre a distancia sprint, co concurso de 10 dos triatletas cadetes da AD. Fogar de Carballo e Oleiros. Na categoría absoluta masculina o mellor dos nosos era Andrés Prieto que acadaba a victoria cun tempo de 1 hora, 1 minuto e 6 segundos, seguido dos seus compañeiros de equipo David Sancho na 14ª praza, Samuel Nuñez na 17ª, Álvaro Elizalde na 26ª, Borja Benavent na 36ª, Pablo Tran na 82ª, Pedro Otero na 93ª e Martín Prado na 97ª. En canto ao concurso feminino, Alba Otero chegaba na 19ª praza absoluta mentres que Marta González non podía rematar a proba ao ter que abandonar a mesma no segmento de carreira a pé por mor dunha lesión no xeonxo. Os resultados deste IV Tríalon Solidario de Negreira podédelos atopar en descargas escola e tríatlon desta mesma páxina.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso