As Escolas de Base do Fogar mobilizan o sábado a 96 deportistas


 28 Febreiro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

As Escolas de Base do Fogar mobilizan o sábado a 96 deportistas

As Escolas de Natación e Tríatlon da AD.Fogar e as súas seccións nas localidades de Carballo e Oleiros voltan á carga este sábado con 96 deportistas en liza en dúas frontes competitivas. En horario matinal 23 triatletas de base tomarán parte en Lugo no primeiro clasificatorio do Nada e Corre dos que 4 pertencen á categoría benxamín, 5 á alevín, 6 á infantil e 8 á cadete. Xa en horario vespertino 73 nadadores das categorías prebenxamín (6 a 8 anos) e benxamín (9 a 11 anos) participarán na 2ª das 3 xornadas das que consta o Festival Comarcal de Iniciación á Competición de Natación que organizamos conxuntamente con Carballo Deporte desde o ano 2009. A proba disputarase na Piscina Municipal Carballo Calero desde as 16:00 horas e na mesma nadaranse as probas de 50 metros pés e 50 metros brazos nos estilos braza-crol e 25 e 50 metros crol en niveis de iniciación e dominio que dependen da idade e a destreza dos nadadores e nadadoras. Toda a información relativa a estes eventos pode consultarse no apartado descargas escola desta mesma web, ademais no documento anexo a esta noticia podedes atopar tamén a inscrición do Nada e Corre de Lugo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso