Bo papel dos nosos cadetes no Nacional de Dúatlon de Avilés


 04 Abril, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Bo papel dos nosos cadetes no Nacional de Dúatlon de Avilés

A cidade de Avilés acolleu a pasada fin de semán o Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo e Substitucións por Equipos ao que acudimos cunha representación de 6 deportistas da categoría cadete: A. Prieto, S. Nuñez, L. Lorenzo, A. Elizalde, B. Benavent e P. Tran, que concursaron neste campionato nacional na súa categoría escolar. A nosa mellor versión chegaba o sábado pola mañá na modalidade de contrarreloxo por equipos sobre 3,4 quilómetros a pé, 11,2 qm de ciclismo e outros 1,3 qm de carreira a pé na que rematábamos a proba como 13º clasificados dos 57 equipos que tomaban a saída. O domingo, tamén en horario matinal e na modalidade de substitucións por equipos sobre un percorrido de 2,2 quilómetros a pé, 6,3 qm de ciclismo e 1,3 qm de carreira a pé estivemos algo máis discretos, 21º co noso equipo A (A.Prieto, B.Benavent e S.Nuñez) e 38º co B (A.Elizalde, L.Lorenzo e P.Tran) de 79 equipos. Os resultados deste Nacional de Dúatlon por Equipos podédela atopar en descargas escola desta mesma páxina e tamén na web da propia Federación Española de Tríatlon na seguinte ligazón http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2019/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso