Carballo acolleu na mañá do domingo o seu terceiro Nada e Corre


 12 Marzo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Carballo acolleu na mañá do domingo o seu terceiro Nada e Corre

Na mañá do domingo disputábase o III Nada e Corre Concello de Carballo, segundo dos clasificatorios de esta modalidade do tríatlon, grazas a organización conxunta da propia Federación Galega de Tríatlon, a AD.Fogar, o Concello de Carballo e Carballo Deporte, e a colaboración de Gadis e Mundocio. A proba contaba coa participación e o concurso de 235 deportistas de 7 a 17 anos pertencentes a 13 clubs das localidades da Coruña, Arteixo, Cedeira, Ferrol, Lugo, Narón, Oleiros, Sada, Villalba e Carballo. Os 42 triatletas das nosas escolas de tríatlon de base en Carballo e Oleiros callaron unha moi boa actuación copando 5 dos postos de podio da xornada; os conseguidos por Diego Souto (prata) en categoría prebenxamín,  Manuel Souto (prata) na alevín, Rubén Otero (ouro) e Sergio Soto (bronce) na infantil e Andrés Prieto (prata) na cadete. A entrega de medallas coa que se pechou a xornada contou coa presenza de Marta Barbeito Domínguez, responsable da área Muller e Tríatlon da Federación Galega. Os resulados do evento podedes consultalos no aparatdo de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso