Cinco pódios para os nosos triatletas de base en Ferrol


 21 Xullo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Cinco pódios para os nosos triatletas de base en Ferrol

A cidade de Ferrol acollía hoxe o Tríatlon de Menores, proba puntuable para o Circuíto Galego de categorías inferiores (benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) que contaba co concurso de 27 triatletas das Escolas de Base que dende a AD.Fogar promovemos nos Concellos de Carballo e Oleiros. Unha vez máis os nosos rapaces e rapazas rendiron a moi bo nivel facéndose cun botín de cinco pódios, 3 pratas e 2 bronces. As medallas de prata dos de Carballo e Oleiros eran para o alevín Manuel Souto, o cadete Andrés Prieto e o equipo cadete masculino con A.Prieto 2º, D.Sancho 8º e A.Elizalde 16º.  Mentres que os bronces eran para os equipos masculinos alevín (M.Souto 2º, O.Alberte 10º e A.Sancho 12º) e infantil (R.Otero 5º, S.Soto 6º e A.Navarro 25º). En canto as nosas rapazas, os mellores concursos eran para Paula Vicente, 6ª benxamín, Marta González, 9ª cadete e Sofía Alberte, 10ª infantil. Os resultados deste Tríatlon de Menores de Ferrol, proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon de Base poden consultarse no apartado de descargas escola desta mesma web ou na seguinte ligazón federativa: http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/07/Clasificaci%C3%B3n-Ferrol-menores-2019-3.pdf

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso