Curso Intensivo de Natación Infantil de Nadal 2018


 13 Novembro, 2018   Escola de Natación e Tríatlon 

Curso Intensivo de Natación Infantil de Nadal 2018

Desde hoxe día 13 de novembro e ata o próximo día 21 de decembro de 2018, queda aberto o prazo de inscrición ao xa tradicional Curso Intensivo de Natación Infantil de Nadal que un ano máis organizamos desde a AD.Fogar en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte en niveis de iniciación e mellora. O curso que ten un custo de 40€ impartirase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo os días 26, 27 e 28 de decembro de 2018 e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019, en quendas de 11:15 a 12:00 horas e de 12:00 a 12:45 horas e contará cun total de 40 prazas, 20 por quenda, para nen@s de 3 a 10 anos de idade que non sexan socios habituais do club. Desde a AD.Fogar pretendemos así dar cabida a gran parte dos 60 nen@s que están a agardar en Lista de Espera (http://www.adfogar.com/escola/lista-de-espera) para iniciarse na práctica da natación connosco. Información e inscricións na mesma Piscina Municipal da Rúa Carballo Calero en horario de tarde entre as 17:00 e as 20:00 hs. Non agardes máis, descarga o formulario de inscrición anexo e MÓLLATE CONNOSCO EN NADAL !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso