Curso Intensivo de Natación Infantil NADAL 2019


 17 Novembro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Curso Intensivo de Natación Infantil NADAL 2019

Desde mañán día 18 de novembro e ata o próximo día 21 de decembro de 2019, queda aberto o prazo de inscrición ao xa tradicional Curso Intensivo de Natación Infantil de Nadal que un ano máis organizamos desde a AD.Fogar en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte en niveis de iniciación e mellora. O curso que ten un custo de 40€ impartirase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020, en quendas de 11:15 a 12:00 horas e de 12:00 a 12:45 horas e contará cun total de 40 prazas, 20 por quenda, para nen@s de 3 a 10 anos de idade que non sexan socios habituais do club. Desde a AD.Fogar pretendemos así dar cabida a gran parte dos nen@s que están a agardar en Lista de Espera (http://www.adfogar.com/escola/lista-de-espera) para iniciarse na práctica da natación connosco. Información e inscricións na mesma Piscina Municipal da Rúa Carballo Calero en horario de tarde entre as 17:00 e as 20:00 hs. Non agardes máis, descarga o formulario de inscrición anexo a esta nova e MÓLLATE CONNOSCO EN NADAL !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso