Gran fin de semán para os triatletas do Fogar en Águilas e Oleiros


 15 Maio, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Gran fin de semán para os triatletas do Fogar en Águilas e Oleiros

A localidade murciana de Águilas acolleu a pasada fin de semán o Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo e Substitucións por Equipos ao que acudimos cunha representación de 6 deportistas das categorías infantil e cadete: R.Otero, S.Soto, A.Prieto, D.Sancho, A.Elizalde e S.Nuñez, que concursaron neste campionato nacional na súa categoría escolar. A nosa mellor versión chegaba o sábado pola mañá na modalidade de contrarreloxo por equipos sobre as distancias de 250 metros de natación, 8,6 quilómetros de ciclismo e outros 1,5 qm de carreira a pé, na que rematábamos a proba como 5º clasificados dos 47 equipos que tomaban a saída; mellorando así 16 postos con respecto ao pasado ano. Ao mediodía do domingo xa na modalidade de substitucións por equipos e sobre un percorrido de 250 metros, 6,6 qm de ciclismo e 1,5 qm de carreira a pé, fomos 11º co noso equipo A (A.Prieto, D.Sancho e S.Nuñez) de 47 equipos, mellorando 13 postos con respecto a pasada campaña. Mentres que o noso equipo B (A.Elizalde, S.Soto e R.Otero) foi 6º na proba open dos 40 equipos que tomaban a saída nesta proba promocional. Por outra banda o sábado na Praia de Mera, Marta González colgábase o ouro na categoría infantil e Carlos González o bronce na categoría sub23 do Tríatlon Popular Concello de Oleiros. Os resultados de ámbalas dúas probas podédelos atopar en descargas escola e tríatlon desta mesma páxina.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso