Hugo Souto e o novo subcampión galego alevín de Dúatlon Escolar


 23 Maio, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Hugo Souto e o novo subcampión galego alevín de Dúatlon Escolar

O pasado 17 de maio disputábase na localidade de Porto do Son, a Final Galega de Dúatlon en idade escolar deste 2019. Na proba, enmarcada dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coa Fegatri, tomaron parte 29 equipos da nosa comunidade que mobilizaron en torno aos 300 duatletas de base nas 8 carreiras da xornada. En canto á participación dos 15 deportistas de Carballo e Oleiros cabe mencionar a medalla de prata e o subcampionato galego de Hugo Souto Andújar na categoría alevín; o quinto posto de Sergio Soto Manteiga na categoría infantil e o sexto do equipo cadete masculino con Álvaro Elizalde Romero, Samuel Nuñez Souto e Lucas Lorenzo Parga. No apartado de descargas escola desta mesma web podedes consultar os resultados desta Final Galega de Dúatlon Escolar celebrada en Porto do Son; sen dúbida unha das máis rápidas dos últimos anos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso