Mañá comeza en Oleiros a 20ª campaña deportiva da AD.Fogar


 30 Setembro, 2018   Escola de Natación e Tríatlon 

Mañá comeza en Oleiros a 20ª campaña deportiva da AD.Fogar

A AD.Fogar comeza mañá nas Instalacións Deportivas do Inef a súa vixésima tempada, avalada en Oleiros por 60 socios e 75 deportistas. Entidade a nosa dedicada á formación de base e a práctica competitiva da Natación e o Tríatlon en todas as súas modalidades e categorías, que esta tempada chega aos trinta anos de antigüidade en Carballo e aos vinte en Oleiros. O noso proxecto social e deportivo fundaméntase principalmente no esforzo alturista dunha directiva composta por 7 persoas, 2 delas oleirenses, á profesionalidade de 9 técnicos titulados dos que 3 traballan en Oleiros; e por suposto a paixón e a entrega das xeracións e xeracións de deportistas que pasaron polo club ao longo de todos estes anos. E aínda que nos resulte imposible facer mención á totalidade dos logros conseguidos por todos eles, debemos polo menos deixar constancia do importante legado de medallas conseguidas en campionatos nacionais, rexionais e provinciais, das convocatorias internacionais de seleccións e dos bolseiros en centros de tecnificación e adestramento que serviron de inspiración e exemplo doutros moitos. Se queres formar parte do noso proxecto non o dubides, contacta connosco.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso