O Concello de Oleiros subvenciona as actividades do Fogar


 06 Enero, 2018   Escola de Natación e Tríatlon 

O Concello de Oleiros subvenciona as actividades do Fogar

O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local de data 28 de decembro de 2017 ven de conceder a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude e a súa Sección en Oleiros, unha subvención por valor de 2.128,22€ para a práctica deportiva federada da natación e o tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2017. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas e xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Dende a Agrupación Deportiva Fogar presentouse un orzamento de gastos de 42.500,00€ e solicitouse unha axuda por valor de 6.000,00€. O prazo de xustificación finalizará o día 31 de xaneiro de 2018. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de triatlón     Federacion española de natación     Federacion gallega de triatlón     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso