O Concello de Oleiros subvenciona con 2.290e as nosas actividades


 03 Xaneiro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

O Concello de Oleiros subvenciona con 2.290e as nosas actividades

O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local ven de conceder a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude e a súa Sección en Oleiros, unha subvención por valor de 2.290,15€ para a práctica deportiva federada da natación e o tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2018. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas e xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Dende a Agrupación Deportiva Fogar presentamos un orzamento de gastos de 48.300,00€ e solicitamos unha axuda por valor de 6.000,00€. O Concello de Oleiros repartíu finalmente unha contía total de 268.363€ entre 63 entidades deportivas sen ánimo de lucro. O prazo de xustificación finalizará o día 31 de xaneiro de 2019.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso