O III Dúatlon Escolar Concello de Carballo movilizará 290 deportistas


 14 Febreiro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

O III Dúatlon Escolar Concello de Carballo movilizará 290 deportistas

Mañán as 12:15hs presentaráse na Casa do Concello o III Dúatlon Escolar de Carballo, proba clasificatoria para o Campionato Provincial da modalidade que se enmarca dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A este acto acudirán Roberto García (Xefe do Servizo Provincial de Deportes), Evencio Ferrero (Alcalde de Carballo), Marcos Trigo (Edil de Deportes), Gustavo Álvarez (Presidente da AD.Fogar) e Eduardo Martínez (Representante do Grupo Breogan Motor). O evento disputaráse no polígono carballés de Bértoa o vindeiro domingo día 17 de febreiro en horario de 9:30 a 14:00hs baixo a organización da Federación Galega de Tríatlon, o Concello de Carballo, Carballo Deporte e a AD.Fogar, grazas á colaboración do Grupo de Voluntariado, a Policía Local, Protección Civil, Mundocio Eventos, Ciclos Quintena e Grupo Breogán Motor. Ata a capital de Bergantiños desprazaránse 18 equipos da Provincia que mobilizarán a 290 duatletas de base, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos que competirán ao longo da mañá nas 6 carreiras da xornada. O regulamento da proba e a inscrición da AD.Fogar podedes atopalos como documentos anexos a esta mesma noticia. Para más información podedesvos dirixir a ligazón: http://fegatri.org/inscricion-iii-duatlon-escolar-concello-de-carballo-17-02-2019/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso