O III Nada e Corre achegará o domingo a 235 deportistas


 07 Marzo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

O III Nada e Corre achegará o domingo a 235 deportistas

Esta mesma tarde facíase pública a inscrición definitiva do III Nada e Corre Concello de Carballo; segundo dos clasificatorios de esta modalidade do tríatlon que promoven conxuntamente a Federación Galega de Tríatlon e a AD.Fogar en estreita colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte, Mundocio e Gadis. O evento contará tamén con a inestimable colaboración da Policía Local, o corpo de voluntarios de Protección Civil e uns 25 voluntarios que aporta a propia AD.Fogar. A proba terá lugar na Piscina Municipal e as inmediacións do Complexo Deportivo Carballo Calero o vindeiro domingo día 10 de marzo desde as 9 da mañá e ata aproximadamente as 2 do mediodía. Os 235 deportistas, 15 mais que na pasada edición pertencen a 13 clubs das localidades de A Coruña, Arteixo, Carballo, Cedeira, Ferrol, Lugo, Narón, Oleiros, Sada e Vilalba. Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaremos parte con 42 triatletas das nosas escolas de base, das que 11 pertencen a categoría feminina e os 31 restantes a masculina. A entrega de medallas coa que se pechará a xornada está prevista cara ás 2 do mediodía. A normativa da proba podedes consultala no aparatdo de descargas escola desta mesma web e ademais como arquivos adxuntos a esta noticia, podédesvos informar acerca de a inscrición dos nosos novos triatletas e a lista de saídas das probas de natación.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso