O sábado comeza en Mondego o Cros Escolar do Programa Xogade


 22 Novembro, 2018   Escola de Natación e Tríatlon 

O sábado comeza en Mondego o Cros Escolar do Programa Xogade

O vindeiro sábado día 24 de novembro de 2018 as Escolas de Base de Tríatlon que a AD.Fogar promove nos Concellos de Carballo e Oleiros, desplazaránse ata a localidade de Mondego, en Sada; que en horario de mañán acollerá un ano máis o primeiro dos clasificatorios de Campo A Través Escolar para a Zona da Coruña. A proba contará coa presenza e participación de 29 dos nosos triatletas de base, dos que 5 pertencen á categoría benxamín, outros 5 á alevín, 12 á infantil e 7 á cadete. As distancias a percorrer varían segundo a idade e o sexo dos atletas, 500 metros para os benxamíns, 800 e 1000 metros para os alevíns, 1000 e 1200 para os infantís e 1200 e 2500 para os cadetes. No apartado de descargas escola desta mesma web pódese consultar a normativa da proba, ademáis anexa a esta noticia achégase tamén a inscrición dos nosos rapaces e rapazas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso