Oito dos nosos triatletas acoden á Final Galega do Nada e Corre


 05 Abril, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Oito dos nosos triatletas acoden á Final Galega do Nada e Corre

O vindeiro domingo día 7 de abril tomaremos parte en Ribeira na Final Galega do Nada e Corre, para o que acadaron a súa clasificación 8 triatletas das Escolas de Base que dende a AD.Fogar promovemos nas localidades de Carballo e Oleiros. Diego Souto na categoría prebenxamín masculino, David Vázquez na benxamín, Hugo e Manuel Souto na alevín, Alejandro Fontán, Rubén Otero e Sergio Soto na infantil e Andrés Prieto na cadete. A xornada comezará coas probas cronometradas de natación as 10:00 horas e pechará coas carreiras a pé que darán comezo sobre as 12:30 horas. Na seguinte ligazón federativa podedes atopar toda a información relativa ao evento http://fegatri.org/inscricion-final-galega-nada-e-corre-riveira-07-04-2019/; e na documentación adxunta a esta mesma nova tedes tamén a vosa disposición a normativa da proba, a nosa inscrición e a listaxe de saídas das probas de natación.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso