Once triatletas da ADFogar corren mañá o Cros dos Menhires


 25 Xaneiro, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Once triatletas da ADFogar corren mañá o Cros dos Menhires

Mañá sábado día 26 de xaneiro de 2019, once triatletas de base das Escolas de Tríatlon que a AD.Fogar promove nos Concellos de Carballo e Oleiros, correrán en horario matinal e nas inmediacións da Torre de Hércules na Coruña, a Fase Intercomarcal do Campo A Través Escolar do Programa Xogade. Para a cita lograron a súa clasificación na fase previa de Sada: Catalina García da categoría benxamín, Óscar Alberte da alevín, Manuel e Hugo Souto da infantil e Marta González, Alejandro Fontán, Pedro López, Rubén Otero, Sergio Soto, Ramón Sarmiento e Roberto González da cadete. A normativa da proba e a inscrición dos triatletas da AD.Fogar e as súas seccións en Carballo e Oleiros están dispoñibles como arquivos adxuntos a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso