Os cadetes do Fogar prepararán os nacionais en Vedra


 08 Marzo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Os cadetes do Fogar prepararán os nacionais en Vedra

Mañá pola tarde a localidade de Vedra acollerá o Campionato Galego de Dúatlon na modalidade contra reloxo por equipos, no que tomarán a saída máis de 100 equipos que mobilizarán a uns 585 deportistas. No que a nós respecta tomaremos parte cun equipo masculino que formarán 6 dos nosos cadetes, co propósito de preparar a súa participación para o Campionato de España de Dúatlon nas modalidades de contra reloxo e substitucións por equipos a disputar en Avilés os días 30 e 31 de marzo. Borja Benavent, Álvaro Elizalde, Lucas Lorenzo, Samuel Nuñez, Andrés Prieto e Pablo Tran, tomarán a saída ás 17:29 horas nunha carreira na que os equipos van saíndo de xeito escalonado minuto a minuto, e han de permanecer agrupados en todo momento durante o transcurso da proba. Tampouco está permitido o drafting (ir a roda doutro equipo). Ao final contará en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un recorrido de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros de ciclismo e outros 2,5 quilómetros de carreira a pe. Para mais información dirixídevos ás seguintes ligazóns http://fegatri.org/horarios-de-saida-dos-equipos-ocean-lava-galicia-cpto-galego-de-duatlon-por-equipos/ e http://fegatri.org/vedra-acolle-o-sabado-9-o-campionato-galego-de-duatlon-contra-o-reloxo-por-equipos/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso