Sexto posto para o Fogar na Final Galega do Nada e Corre


 09 Abril, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Sexto posto para o Fogar na Final Galega do Nada e Corre

O pasado domingo día 7 de abril de 2019, os 8 representantes das Escolas de Tríatlon de Base que a AD. Fogar promove en Carballo e Oleiros, dábannos unha nova alegría, esta vez en Ribeira e con motivo da disputa da Final Galega do Nada e Corre que remataba cos nosos rapaces como sextos clasificados na conxunta por equipos. A título individual os nosos triatletas de base máis destacados por entrar no top 10 eran: Hugo Souto que remataba como 8º alevín, Sergio Soto que era 5º infantil e Andrés Prieto como 6º cadete. Pero sen dúbida os mellores resultados para os da AD. Fogar chegaban da man de: Diego Souto, que levaba a prata en categoría prebenxamín, Manuel Souto que se facía co bronce da categoría alevín e Rubén Otero que era tamén bronce en categoría infantil. Os resultados desta Final Galega do Nada e Corre poden consultarse no apartado de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso