Dobre cita para os deportistas da Escola de Tríatlon da AD.Fogar


Dobre cita para os deportistas da Escola de Tríatlon da AD.Fogar

Este sábado día 18 de xaneiro de 2020, 24 triatletas de base das Escolas de Tríatlon que a AD.Fogar promove nos Concellos de Carballo e Oleiros, representarannos na Coruña e Pontevedra. Na Coruña 18 d@s nos@s correrán en horario matinal e nas inmediacións da Torre de Hércules, a Fase Intercomarcal do Campo A Través Escolar do Programa Xogade. Para a cita lograron a súa clasificación na fase previa de Sada @s alevíns Irene Santomé e David Vázquez, o equipo infantil masculino con 6 triatletas e os equipos cadetes feminino con 4 e o masculino con outros 6 triatletas. Por outra banda no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra 6 d@s nos@s acudirán á Toma de Tempos do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva que na súa Fase Territorial disputarase en xornadas de mañá e tarde nas Instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. A expedición do Fogar compóñena nesta ocasión @s cadetes Marta González en representación feminina e Álvaro Elizalde, Andrés Prieto, David Sancho, Pablo Tran e Samuel Nuñez na masculina. Pola mañá disputaranse os controis de natación na piscina e pola tarde os de carreira en pista. No apartado descargas escola desta mesma web podedes consultar os regulamentos destas dúas probas e ademáis como documentos adxuntos a esta mesma nova tedes tamén a nosa inscrición.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.