Este verán volvemos a organizar os cursos intensivos de natación


Este verán volvemos a organizar os cursos intensivos de natación

O vindeiro luns día 30 de maio de 2022 abriremos o prazo de inscrición para os Cursos Intensivos de Natación de Verán que impartiremos na Piscina Municipal Carballo Calero en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. A programación deste verán contempla doce cursos intensivos relacionados coa práctica da natación en nivéis de iniciación; seis deles dirixidos a nen@s nad@s nos anos 2016, 2017 e 2018 e outros seis a nen@s nad@s nos anos 2013, 2014 e 2015, que non sexan socios do clube e cunha oferta total de 120 prazas. Os cursos desenvolveránse entre o 4 de xullo e o 17 de agosto en turnos de tres semanas cunha frecuencia semanal de dous días e sesións de 45 minutos é en horarios matináis de 12 a 12:45 horas e de 12:45 a 13:30 horas.. As inscricións faránse a partir do 30 de maio cumprimentando o formulario que atoparedes nesta LIGAZÓN e unha vez confirmada a praza por parte do clube procederáse co pagamento, información que atoparedes tamén no mesmo formulario. 
Este verán MÓLLATE CONNOSCO EN CARBALLO !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.