Mañán dispútase en Carballo a 4ª Xornada da Liga de Promesas


Mañán dispútase en Carballo a 4ª Xornada da Liga de Promesas

Mañán sábado día 21 de maio de 2022 a Piscina Municipal Carballo Calero en Carballo, acollerá a 4ª xornada da Liga Galega de Promesas en horario de tarde (16:00 horas) e coa presenza de público. Desta volta o noso equipo de promesas conformano 34 nadadores-as, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 30 restantes á masculina. O programa de probas desta cuarta rolda inclúe os 25 metros pes bolboreta con táboa, os 25 metros bolboreta e os 50 metros costas e bolboreta, nas categorías feminina e masculina. A convocatoria d@s nos@s, as listaxes de saídas e o protocolo da xornada están dispoñibles no apartado descargas escola desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación Promesas para a presente tempada 2021 - 2022. Compre salientar tamén que logo das tres primeiras xornadas @s nos@s cativ@s están a ocupar a 10ª praza provisional dos 19 equipos que veñen tomando parte nesta liga que é clasificatoria para o Festival de Promesas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.