Os equipos federados arrincan o luns en Oleiros a Tempada 2020-21


 19 Setembro, 2020   Escola de Natación, Tríatlon e Atletismo 

Os equipos federados arrincan o luns en Oleiros a Tempada 2020-21

74 deportistas dos nosos equipos federados de natación e tríatlon arrincan o luns en Oleiros a nova Tempada 2020 - 2021. O uso das instalacións deportivas, o novo horario proposto e mesmo a distribución dos grupos, axústanse as restricións sanitarias, aos protocolos federativos fisicovid deporte galego, e as medidas preventivas fixadas pola Universidade da Coruña e a nosa propia entidade.
Nas seguintes ligazóns podedes atopar os citados protocolos federativos que son de obrigado cumprimento. 
Protocolo Fisicovid-19 da FEGAN:
https://www.fegan.org/fegan/tprd/1920/noticias/07/20200710_xer_protocolo_covid19/protocolo_e_taboas_fisicovid_fegan_20200707.pdf
Protocolo Fisicovid-19 da FEGATRI:
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2020/08/20200814_PROTOCOLO-COVID-FEGATRI_definitiva_FEGATRI_SXD.pdf
Como documento adxunto a esta mesma nova tedes tamén o noso propio protocolo de actuación fronte ao Covid-19 que vimos aplicando desde o mes de xuño. Facemos saber ademáis aos nos@s asociad@s en Oleiros que seguiremos traballando arreo para que os 26 nen@s dos nosos Equipos de Base (escolas e benxamíns de primeiro ano) poidan retomar canto antes a súa actividade de natación en augas pechadas. Por último e en nome de tod@s @s que conformamos a Xunta Directiva da entidade queremos agradecer a comprensión, solidariedade, responsabilidade e compromiso que estan a demostrar @s soci@s do clube; porque grazas ao esforzo conxunto de tod@s continuamos á boia sen deixar atrás a ninguén 💪💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.