Os nosos acadan tres podios na Final Provincial de Dúatlon Escolar


Os nosos acadan tres podios na Final Provincial de Dúatlon Escolar

O pasado sábado 19 d@s nos@s triatletas tomaban parte na Final Provincial de Dúatlon Escolar do Programa Xogade. Esta Final Provincial de A Coruña desputábase na localidade de Cedeira, lugar onde @s de Carballo e Oleiros acadábamos 3 postos de podio. A título individual os cadetes Michel Núñez e Joel Barcia facíanse co ouro e a prata da súa categoría, mentres que os benxamíns, Tadeo Suárez (5º), Nuno Barcia (9º) e Leo Mato (20º), sumaban o bronce masculino por equipos. Outros resultados destacados da xornada foron, o 4º posto de María Puga na categoría cadete, os 5º postos de Valeria Alén na categoría benxamín e Irene Santomé na infantil, e o 4º posto do equipo infantil masculino con Manuel López (7º), Nicolás Mato (15º) e Diego Souto (18º). Resultados que podedes atopar no apartado descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.