14 Mestres de Carballo e Oleiros acoden ao Galego de Inverno


 17 Xaneiro, 2019   Máster 

14 Mestres de Carballo e Oleiros acoden ao Galego de Inverno

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión de mañá e tarde, a Piscina Rías Do Sur acolle unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster Open de Inverno que achegará ata a localidade pontevedresa a un total de 26 equipos e a cifra nada despreciable de 439 nadadores, 261 homes e 178 mulleres. A competición desenvolverase baixo a organización da Federación Galega de Natación e o CN.Galaico. Nesta ocasión os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estaremos representados por un total de 14 nadadores (10 homes e 4 mulleres) que disputarán un total de 36 probas a título individual e outras 5 probas de remudas. As escuadras máis numerosas e por tanto os máximos favoritos na disputa dos títulos nas categorías masculina, feminina e conxunta son o CN.Travesas, o CN.Rías Baixas, os anfitrións do CN.Galaico e o CN.Portamiñá. Toda a información relativa a este Campionato Galego Máster de Inverno pode consultarse na web da Federación Galega de Natación na ligazón https://www.fegan.org/post/963. Ademais no arquivo adxunto a esta mesma nova podedes consultar tamén a inscrición dos nosos nadadores.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso