3 d@s nos@s acoden ao Nacional Máster de Fondo de Valladolid


 09 Maio, 2021   Máster 

3 d@s nos@s acoden ao Nacional Máster de Fondo de Valladolid

Cora Vinagre, Elisa Pichel e Julio Martínez, desprázanse a vindeira fin de semana ata a localidade de Valladolid para representar a AD.Fogar de Carballo e Oleiros no IV Campionato de España Open Máster de Fondo que se disputa do 14 ao 16 de maio na Piscina do CPTD Río Esgueva. O torneo nacional contará coa presenza de 82 clubs que estarán representados por 300 nadadoras-es, d@s que 185 son homes e 115 son mulleres; e un programa que inclúe 3 probas, os 800, os 1.500 e os 3.000 metros libres. A participación está reservada a nadadoras e nadadores que teñan acreditadas ás marcas mínimas establecidas. Elisa que nadará os 3.000 metros libres o venres día 14, acredita a mellor marca nacional do seu grupo de idade o de 35 a 39 anos, e por tanto será a rival a batir na loita polo títalo de Campioa de España. Cora que participará o domingo 16 nos 800 metros libres, parte coa 5ª mellor marca nacional do grupo de 30 a 34 anos; mentres que Julio do grupo dos 50 a 54 anos tomará parte nos 3000 metros libres o venres 14 co 8º rexistro e nos 1500 metros libres o sábado 15 co 14º. Toda a información referente a este Campionato Nacional de Fondo Máster pódese consultar na web da Real Federación Española de Natación na ligazón https://rfen.es/es/section/web-master-fondo-2021

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.