3 Récords galegos, 3 do club e 11 medallas para os nosos Mestres


 25 Xuño, 2019   Máster 

3 Récords galegos, 3 do club e 11 medallas para os nosos Mestres

Sete Mestres da AD. Fogar e as súas seccións en Carballo e Oleiros disputaban os pasados 8 e 9 de xuño en Ourense, o Campionato Galego de Natación Máster de Verán onde lograban facerse cun botín de 3 récords galegos, outros 3 récords do club e 11 medallas; 7 delas de ouro, outras 3 de prata e 1 de bronce; tras callar un moi bo concurso autonómico. Os récords galegos eran para Elisa Pichel nos 200 metros costas e os 200 metros braza da categoría +35 anos, e para Cora Vinagre nos 200 metros costas da categoría +30 anos. Os récords do clube batíanos, Elisa Pichel nos 100 e 200 metros braza e Javier Fernández nos 50 metros libres. A título individual os nadadores máis laureados foron Javier Fernández con dous ouros e unha prata, Cora Vinagre con dous ouros e un bronce, Elisa Pichel con dous ouros, Isabel Pereira cun ouro e unha prata e Juan Méndez cunha prata. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Verán poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso