5 Récords e 10 medallas para @s Mestres-as no Galego de Verán


 18 Xuño, 2022   Máster 

5 Récords e 10 medallas para @s Mestres-as no Galego de Verán

Seis Mestres-as da A. D. Fogar de Carballo e Oleiros desputaban os pasados 11 e 12 de xuño na Municipal Álvaro Pino de Ponteareas unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Verán, torneo no que @s nos@s facíanse cun botín de 5 mellores marcas do club e 10 medallas, 4 delas de ouro, 1 de prata e outras 5 de bronce. As mellores marcas do clube batíanas, Julio Martínez nos 200 metros braza e os 400 metros libres da categoría dos 50 aos 54 anos; Isabel Pereira na proba dos 200 metros costas da categoría dos 60 aos 64 anos e María Rodríguez nos 50 e 100 metros libres da categoría dos 45 aos 49 anos. A título individual @s nadadores-as laureados foron, Julio Martínez con 2 ouros (400 libres e 100 bolboreta), 1 prata (200 costas) e 2 bronces (200 braza e 4x50 libres mixto); Isabel Pereira con 2 ouros (100 e 200 costas) e 1 bronce (4x50 libres mixto); Alberto Tomé con 3 bronces (100 e 200 costas e 4x50 libres mixto) e César Pose (200 estilos) e María Rodríguez (4x50 libres mixto) cun bronce cada un. Por equipos fomos 21ª na categoría feminina, 15º na masculina e 17º conxuntos dos 31 equipos que participaron no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.