5 Récords e 18 medallas para @s Mestres-as no Galego de Inverno


 18 Xaneiro, 2022   Máster 

5 Récords e 18 medallas para @s Mestres-as no Galego de Inverno

Oito Mestres-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros disputaban os pasados 15 e 16 de xaneiro en Ponteareas unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno acadandon un botín de 5 mellores marcas do club e 18 medallas, 6 delas de ouro, outras 7 de prata e 5 de bronce. As mellores marcas do clube batíanas, Julio Martínez nos 100 braza, os 200 bolboreta e os 400 metros estilos da categoría dos 50 aos 54 anos; Isabel Pereira nos 100 metros bolboreta da categoría dos 60 aos 64 anos a remuda por equipos do 4x50 estilos masculino. A título individual @s nadadores-as laureados foron, Julio Martínez con tres ouros e dous bronce; Isabel Pereira con dous ouros e unha prata; César Pose cun metal de cada cor; Alberto Tomé con catro pratas e un bronce; Santiago Abelenda con dous bronces, e Alfonso Canosa e Juan Gende cun bronce cada un. Por equipos fomos 19ª na categoría feminina, 10º na masculina e 12º conxuntos dos 30 equipos que participaron no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.