7 podios para os Mestres do Fogar no Galego de Augas Abertas


 16 Setembro, 2019   Máster 

7 podios para os Mestres do Fogar no Galego de Augas Abertas

O pasado sábado disputábase na Enseada de San Amaro en A Coruña, o III Campionato Galego de Natación en Augas Abertas, proba rexional que contaba coa presenza e participación de 7 dos mestres da AD.Fogar e as súas seccións en Carballo e Oleiros que callaban unha destacada actuación, acadando 7 dos postos de podio da xornada. Cora Vinagre e Elisa Pichel proclamáronse campioas galegas das categorías +30 e +35 anos, Pablo Fernández e Rudy Palamedi eran subcampións galegos das categorías +35 e +60 anos e Pablo Carro alzábase co bronce da categoría +45 anos, todos eles sobre a distancia dos 2.500 metros. Por equipos os da AD.Fogar fomos 3º nas 2 categorías, a feminina e a masculina. Os resultados deste III Campionato Galego de Augas Abertas poden consultarse na ligazón federativa https://www.fegan.org/mp/default/post/2455.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso