A 1ª rolda da Liga Máster nádase o vindeiro domingo en Carballo


 10 Novembro, 2022   Máster 

A 1ª rolda da Liga Máster nádase o vindeiro domingo en Carballo

O vindeiro domingo día 13 de novembro de 2022 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en Carballo a 1ª xornada da Liga Galega Máster no seu terceiro grupo. A competición contará coa presenza de 11 clubs e 115 nadadore-as, dos que 63 serán homes e as 52 restantes mulleres. A xornada desenvolverase nun turno de quecemento dende as 9:00 a 9:50 horas e outro turno de competición entre as 10:00 e as 13:00 horas, espazo de tempo no que se nadarán as probas dos 400 metros libres mixt@s, os 50 metros bolboreta, costas e braza masculinos e femininas e para finalizar as remudas mixtas dos 4x50 metros libres. Para esta primeira xornada @s de Carballo e Oleiros aliñaremos un equipo composto por 16 nadadoras-es, das cales 5 pertencen á categoría feminina e os 11 restantes á masculina; e mediremos forzas c@s 5 representantes do CN.Coruña, @s 4 do C.Mar, @s 4 da RSD.Hípica, @s 12 do SC.Casino, @s 9 do CN.Arteixo, @s 18 do CNC.Santiago, @s 9 do CN.Culleredo, @s 25 do C.Hércules, @s 9 do CT.Coruña e os 4 do CN.Ordes. A inscrición d@s nos@s e a lista de saídas xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Compre salientar tamén que a pasada tempada @s do Fogar fomos 11º dos 28 equipos que tomamos parte nesta liga galega de veteran@s.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.